Concurso Literario

XVII Premio de Narración Curta Concello de Marín

Os textos da modalidade de adultos deberán ser inéditos, de temática libre e escritos en lingua galega, cunha extensión de entre 5 de 10 páxinas a unha soa cara en tamaño DIN A4. Ademais, o tipo de letra deberá ser “Times New Roman” ou similar a 12 puntos de tamaño.

Cada participante poderá presentar un traballo como máximo ata o vindeiro 28 de abril ás 14:00 horas. Así, concederase un único premio de 1.000 euros xunto cunha placa.

Formulario de inscripción modalidade de adultos

    Adxunta o arquivo do teu relato (obrigatorio) - Formato .DOC ou PDF

    Peso máximo 10MB


    XVII Premio de Narración Curta para Escolares Concello de Marín

    Os textos da modalidade para escolares deben ser inéditos, de temática libre e escritos en lingua galega, cunha extensión máxima de 3 páxinas a unha soa cara en tamaño DIN A4. Valorarase a orixinalidade, a utilización da lingua galega e a redacción; e o prazo de admisión dos traballos pecharase o 28 de abril ás 14:00 horas.

    Cada centro educativo poderá presentar un máximo de 3 traballos por categoría: Educación Primaria (1º e 2º curso), Educación Primaria (2º e 4º curso), Educación Primaria (5º e 6º curso), e Educación Secundaria (1º e 2º curso). Así, o xurado concederá tres premios por categoría consistentes en material escolar e unha placa.

    Formulario de inscripción modalidade escolar

      Categoría (obrigatorio)

      Adxunta o arquivo do teu relato (obrigatorio) - Formato .DOC ou PDF

      Peso máximo 10MB


      2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados