Coñecer o mellor do patrimonio de Marín a través da esfera dixital

Coñecer o mellor do patrimonio de Marín a través da esfera dixital

Coñecer o noso patrimonio é unha forma de comprender por que a nosa vila é como é, cal é a súa historia, como era a sociedade que nos precedeu e que cousas mudaron desde aquel entonces.

Con esa intención, o Goberno local impulsou a creación de dúas páxinas webs, nas que catalogar, ordenar e xeolocalizar dous tipos de elementos patrimoniais que definen a estrutura sociolóxica de Marín: as fontes e os lavadoiros.

Nos dominios www.fontesdemarin.com e www.lavadoirosdemarin.com é posible consultar cerca de 130 elementos do patrimonio de Marín cunhas fichas multimedia nas que se inclúe unha galería fotográfica, unha imaxe 360, a xeolocalización e unha pequena descrición.

Ambas actuacións fixéronse con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra e, ademais da sinalización dixital, supuxo a renovación de toda a sinalética física, que agora conta cunha estética armónica e que adaptada á contorna, con materiais madereiros.

Un impulso máis para un turismo cultural de calidade

Desde o Goberno local consideran que este tipo de iniciativas achegan o patrimonio histórico da vila a todos aqueles interesados no municipio, non só á veciñanza, polo que poden converterse nun polo de atracción máis para os visitantes interesados en realizar un tipo de turismo cultural.

O Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor ou o Castro da Subidá son algunhas das opcións que estas persoas interesadas na cultura e o patrimonio teñen na nosa vila.

Anterior O Pleno da Corporación aproba inicialmente os Presupostos Orzamentos municipais incrementando todas as partidas sociais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados