Convocado o XXI Premio de Poesía polas Letras Galegas para escolares e adultos

O prazo de presentación de traballos rematará o 25 de abril. Na modalidade de adultos, o gañador ou gañadora poderá optar a un premio de 1.000 euros.

A Concellería de Cultura, co gallo de dar pulo á creatividade e de fomentar o uso da lingua galega, convoca o XXI Premio de Poesía polas Letras Galegas, con modalidade para o alumnado que cursa os seus estudos de Primaria e 1o e 2o de Secundaria nos centros de ensino de Marín, e para adultos.

No caso da modalidade escolar, os traballos debe ser inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega, cunha extensión máxima de 20 versos, en Din A4, escritos por unha soa cara. O prazo de admisión de traballos xa está aberto e pechará o día 25 de abril ás 14.00 horas.

Cada centro poderá presentar como máximo tres traballos por categoría, sendo estas as seguintes:

  • 1a Categoría: Educación Primaria: 1o e 2o E. Curso
  • 2a Categoría: Educación Primaria: 3o e 4o E. Curso
  • 3a Categoría: Educación Primaria: 5o e 6o E. Curso
  • 4a Categoría: Educación Secundaria: 1o e 2o Curso

O xurado concederá tres premios por categoría consistentes en material escolar e unha placa para o primeiro de cada categoría. Todos os traballos levarán un título e categoría á que pertencen, sen especificar o nome do/a autor/a.

A Dirección de cada centro subirá os traballos que opten ao premio á páxina web do Concello de Marín, onde se habilitará un formulario, que haberá que cumplimentasr de tal xeito que xurado sempre recibirá os traballos, preservando o Concello o anonimato dos autores.

Por outra banda, no que se refire á modalide de adultos, os traballos terán unha extensión mínima de 100 versos, non sendo requisito imprescindible que formen parte dun só poema, de temática libre.

O tipo de letra será “Times New Roman” a 12 puntos de tamaño e só se poderá presentar un único traballo, tamén con prazo de presentación atá o 25 de abril ás 14.00 horas. Cada participante subirá o traballo que opte ao premio á páxina web do Concello de Marín.

Concederase un único premio de 1.000 euros.

Participar na categoría Escolar:
https://www.concellodemarin.es/xxi-premio-de-poesia-polas-letras-galegas-categoria-escolar/

Participar na categoría Adultos:
https://www.concellodemarin.es/xxi-premio-de-poesia-polas-letras-galegas-categoria-adultos/

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies