Coordinado o inicio das obras de humanización da Avenida de Ourense

Coordinado o inicio das obras de humanización da Avenida de Ourense

A humanización da Avenida de Ourense é un dos proxectos máis importantes cuxo inicio ten programado o Goberno local. Esta semana, a alcaldesa María Ramallo e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, mantiveron unha reunión con Oresa, a empresa adxudicataria dos traballos do lote 2 (adicado expresamente á reurbanización do viario), para coordinar o arranque dos traballos, que previsiblemente comezarán en menos dun mes.

O proxecto forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Marín2020, cofinanciada nun 80% cos Fondos Feder da Unión Europea e ten por obxecto converter a principal arteria de comunicación de Marín nun espazo sostible, cómodo e pensado para a convivencia dos peóns e dos ciclistas.

Trátase dunha actuación integral en toda a Avenida, desde o seu inicio en Cantodarea até a Praza de España e que contempla a renovación de toda a pavimentación, a creación dun carril bici, a renovación do mobiliario urbano e a substitución da actual iluminación por novas luminaras LED eficientes a nivel de aforro enerxético e sostibilidade ambiental.

Deste xeito, convivirá un tramo de beirarrúa, outro de paseo e outro destinado á mobilidade en bicicleta.

En total, esta actuación suporá unha inversión de 1,5 millóns de euros con cargo aos Fondos FEDER europeos.

Próximo remate das obras do colector

Por outra banda, as obras de renovación do colector xeral, que se atopan executando a súa cuarta fase, xa están próximas ao seu remate.

Espérase que nestes meses de verán queden practicamente finalizadas, segundo adiantou esta semana a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na súa visita á vila de Marín co galo da presentación da Tarxeta Xente Nova.

Anterior O Pleno de Marín aproba o Plan de Reactivación do Comercio Local

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados