Gala do deporte

Gala do deporte

2026

Cada ano, Marín celebra a Gala do Deporte, coa que recoñecer ás figuras máis relevantes do noso deporte base. Comezou hai case dez anos e a día de hoxe é unha cita ineludible no calendario deportivo do municipio.

Listado de gañadores 2026

IVÁN GARCÍA MARTÍNEZ​
mellor deportista masculino

IVÁN GARCÍA MARTÍNEZ

taekwondo mats

Polos éxitos acadados durante o 2025, sendo o nº9 do ranking mundial e o 11º no ranking olímpico. Proclamouse Campión de España, Campión de Europa por equipos absoluto e leva ás súas costas catro ouros, entre outros galardóns.

mellor deportista feminina

ARLET ORTIZ BENITO

taekwondo mats

Por ser Campioa de España absoluta, bronce no Campión de Europa por equipos, quinta no Mundial Feminino e ostentar o 13º posto no ranking mundial e o 27º no olímpico, así como outras medallas en opens internacionais son só algúns dos seus logros durante o 2025.

MELLOR DEPORTISTA DE BASE MASCULINO

XIÁN GUTIÉRREZ DOPAZO

REMO RÍA DE MARÍN

Polo despunte da súa carreira deportiva no 2025, quedando 1º clasificado no Campionato de España de Remo Indoor e no Xuvenil Galego de Remo Olímpico de Longa Distancia, entre outros podios.

ÁNGELA BALADO CONDE
MELLOR DEPORTISTA DE BASE feminina

ÁNGELA BALADO CONDE

TAEKWONDO MATS

Por deslumbrar nun 2025 redondo na categoría cadete, converténdose en Campioa de Europa, de España e de Galicia na súa categoría, ademáis de conseguir o bronce no Campionato do Mundo.

MELLOR DEPORTISTA VETERANA

pilar vázquez bouzas

remo ría de marín

Por demostrar que a veteranía tamén é sinónimo de éxito, acadando a segunda clasificación no individual e a terceira na modalidade mixta no Campionato Galego de Remo Olímpico. Tamén quedou en terceira posición no autonómico de Remo Indoor e na XXXI Copa Primavera.

PREMIO Á INCLUSIVIDADE

paula garcía vázquez

remo ría de marín

Por rachar con todos os límites, conseguindo segundas clasificacións na individual paralímpica do Campionato Galego de Remo Indoor e no PR3 mixto absoluto do autonómico de Remo Olímpico, así como terceiras posicións no Campionato de España e na Copa Primavera.

mellor adestrador

EMILIO GUTIÉRREZ JALDA

remo ría de marín

Polo seu bo facer á fronte dun club que só na tempada 24/25 acadou en varias categorías e competicións seis ouros, seis pratas, nove bronces, dous deportistas convocados pola Selección Galega, unha pola Española Paralímpica e outro pola Española. Unha auténtica fazaña.

CLUB DEPORTIVO CD LA PEÑA
MELLOR CLUB

CLUB DEPORTIVO CD LA PEÑA

Pola súa evolución e dinamización da vida deportiva, pasando en apenas 12 anos de ser un único equipo a contar con 18, conformados por 212 xogadores e xogadoras e conseguindo no 2025 resultados deportivos históricos no Campionato de España e Galego Infantil Feminino e na Copa Galicia Infantil Masculino.

sei san narciso​
MELLOR PATROCINIO

sei san narciso

Pola súa xenerosidade e aposta polo deporte base, acollendo nas súas instalacións a actividade diaria de diferentes clubes e rubricando convenios cos que, entre outras cousas, favorece a residencia de xogadores en réxime completa, algo indispensable para que Marín poida ser sede de eventos deportivos de calado.

MELLOR EVENTO DEPORTIVO

open boxeo ence villa de marín

Por ser un evento referente a nivel europeo que non para de crecer e que na edición do 2025 trouxo a Marín a 700 boxeadores/as, 300 técnicos/as e 150 equipos participantes procedentes de 8 países diferentes, que desputaron case 500 combates en apenas un fin de semana.

RAQUEL CARRAGAL DA COSTA
PREMIO AO DEPORTE CON VALORES

RAQUEL CARRAGAL DA COSTA

Pola súa empatía e solidariedade, poñendo toda a súa capacidade deportiva en favor da visibilidade de enfermidades como a esclerose múltiple, o cancro infantil e outras enfermidades raras, colaborando con asociacións como EMMO, Bicos de Papel ou Loita nos seus retos.

PREMIO á promoción do deporte base e á formación

CLUB MARÍN PEIXEGALEGO

Polo incansable labor exercido ao longo dos máis de 30 anos de traxectoria de formación e adestramento dunha das canteiras máis importantes de Galicia, sumando a día de hoxe a máis de 300 nenos e nenas practicando basket baixo o seu paraugas.

CARREIRA E ANDAINA PINGA PINGA​
PREMIO AO VOLUNTARIADO DEPORTIVO

CARREIRA E ANDAINA PINGA PINGA

Polo compromiso e esforzo desinteresado e totalmente altruísta que fan cada ano no desenvolvemento deste evento deportivo do Club Pinarium que ten lugar en Santomé de Piñeiro e que se converteu nunha das probas populares con máis sona do panorama atlético popular galego.

ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA GHARABOTO Mención Especial
MENCIÓN ESPECIAL

ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA GHARABOTO

Polo seu traballo incansable na recuperación, mantemento e reactivación dos xogos populares, que son parte do patrimonio inmaterial galego e que están achegando aos máis pequenos para que non se perda a súa práctica e coñecemento.

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados