Día das Letras Galegas
Fecha
17/05/2024
Hora
Localización
Museo Manuel Torres
De CULTURA

Dende ás 10.00 ata ás 12.00 horas terá lugar no Museo Manuel Torres, antes do acto institucional, un Obradoiro de Lettering “Debuxando Verbas”, no cal María Sancho ensinará unhas técnicas básicas de caligrafía para deseñar textos dun xeito bonito.

Este obradoiro conta cun aforo limitado polo que o prazo de inscrición queda aberto dende hoxe. As inscricións deberanse facer a través do mail prensa@concellodemarin.es, onde se deberá indicar o nome completo e o número de teléfono. Todas estas deberán estar presentadas antes do xoves 16 de maio ás 14.00 horas. Terán preferencias todas aquelas persoas menores de 18 anos.

Ás 12.00 horas terá lugar o acto institucional contado coa colaboración dos centro educativos ademais disto realizarase a entrega do premio de 1.000C ao gañador/a do XXII Concurso de Poesía. Todo esta acto terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín. A entrada é totalmente libre para todas as persoas que desexen asistir.

O Concello quere que os centros educativos sexan unha parte central deste acto. Por iso, aqueles que queiran participar poderán facelo coa grabación dun vídeo de máximo 2 minutos no que trasladar a toda a cidadanía un resumo das actividades que farán para promocionar entre o alumnado esta data tan relevante para a literatura galega e que serán proxectados durante o acto.

Cada centro participante comprométese a que un representante (alumno/a, mestrado, ANPA…) participe no acto, subindo tras a proxección e lendo un pequeno poema de Luísa Villalta. Aos que participen, entregaráselles unha asignación de 150 euros para contribuir ao gastos dunha actividade cultural e un exemplar dun libro de Luísa Villalta para os fondos da biblioteca escolar.

Terán que inscribirse antes do venres, 10 de maio, ás 14.00h a través de prensa@concellodemarin.es e o envío de vídeos será ata o 16 de maio, ás 19.00 horas, a través do mesmo mail.

Anterior Proxecto Legado

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados