Seminarios de xestións básicas para persoas emprededoras

Seminarios de xestións básicas para persoas emprededoras

Seminarios de xestións básicas para persoas emprededoras

Cando

09/04/2026 - 23/04/2026    
17:00 - 19:00

Onde

Museo Municipal Manuel Torres
3, Avenida de Ourense, Marín, 36900

Event Type

Mapa Dispoñible

Tes unha idea de negocio ou acabas de emprender? Isto interésache!

O emprendemento non é fácil… hai dúbidas, retos e decisións clave. Pero tamén pode ser o impulso que cambie o teu futuro profesional.

Dende o Concello de Marín lánzase unha formación GRATUÍTA pensada para ti: práctica, útil e directa ao que realmente necesitas para facer medrar a túa idea.

Que vas aprender?

  • Como dar de alta o teu negocio e tomar mellores decisións
  • Que opcións de financiamento tes ao teu alcance
  • As obrigas legais, contables e rexistrais que debes coñecer

Formación impartida por Óscar Rey, experto en emprego e asesoramento laboral e director do Plan Integrado de Emprego do Concello.

Sesións dinámicas, prácticas e pensadas para que poidas aplicar o aprendido… ao día seguinte!

Dirixido a persoas emprendedoras, con ideas en mente ou que xa comezaron o seu camiño

Sen inscrición previa — só tes que vir!

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados