Fanerógamas mariñas e cabaliños de mar
Fanerógamas mariñas e cabaliños de mar
Fecha
29/11/2025
Hora
11:30 - 13:00
Ubicación
Museo Manuel Torres
De CULTURA

Descubrindo os tesouros agochados das nosas rías!

Este 29 de novembro ás 11:30 h, no Museo Manuel Torres, teremos a sorte de escoitar a Lucía Jiménez Álvarez, bióloga mariña e instrutora de mergullo, nunha charla organizada polo Museo do Mar de Marín.

Lucía chegou a Galicia hai ano e medio por traballo e, tras o seu primeiro mergullo nas rías, quedou namorada dun océano completamente diferente ao andaluz: novas especies, novas cores… e unha temperatura que non deixa indiferente a ninguén.

Durante o verán, descubriu uns dos animais máis curiosos e fascinantes do noso litoral: os cabaliños de mar.

Por iso decidiu organizar esta charla, para dar a coñecer estes seres marabillosos que temos a sorte de ter nas nosas costas… e tamén para lembrar a importancia de protexelos.

Os cabaliños de mar viven sobre todo nas pradeiras de zostera sp., unha planta mariña frecuentemente confundida con algas. Estas pradeiras, moi presentes en Galicia, están sufrindo un drástico declive, a pesar de ter un enorme valor ecolóxico para o equilibrio dos ecosistemas mariños.

Lucía recórdamos algo esencial: para coidar e protexer, primeiro hai que coñecer.

Non perdas esta oportunidade de mergullarte nun mundo fascinante!

Anterior XXIV Xornadas Blanco Freijeiro

WEBS ASOCIADAS

2025 Concello de Marín. Todos los derechos reservados