Éxito total da Carreira do Truco de Seixo

Éxito total da Carreira do Truco de Seixo

A Carreira do Truco, que tivo lugar este pasado domingo na parroquia de Seixo, colleitou un éxito absoluto. Nesta décima edición do evento deportivo, que se fai en honra de San Blas, participaron máis de 300 persoas e conseguíronse recoller cerca de 150 quilos de alimentos non perecedoiros, que lle foron entregados a Cáritas San Tomé de Piñeiro.
Concretamente, 211 persoas participaron da andaina polo Viario de Praias. Na carreira de adultos, inscribíronse 56 corredores e 52 na de nenos, repartidos en grupos de idade de 0 a 4 anos, de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos.
Na categoría feminina, o podio foi para Ángeles Castro, Carolina Santos e Marga Villaverde, namentres que na masculina, os clasificados deste ano foron Manuel Lorenzo, Diego González e Alfredo Sánchez.
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, estiveron presentes ao remate desta proba, organiza pola Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS), que ofreceu unha chocolatada como peche de ouro.

Anterior O freestyle encherá o palco da Finca de Briz co campionato autonómico de batallas de rap

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados