San Miguel

San Miguel

A festividade de San Miguel é unha data referencial no calendario marinense, grazas á conservación da tradición dunha das danzas brancas máis importantes de Galicia: a Danza de Espadas.

Durante moitos anos, foi unha danza que bailaban só os homes, porque San Miguel era o patrón dos mareantes, dos mariñeiros. Como consecuencia da Guerra Civil, a danza sufriu un pequeno parón e foi a sección feminina a que nos anos 40 retomou o seu baile.

Ese foi o motivo de que se introducisen as mulleres na danza, xa que non había homes abondo. En xeral, as persoas que bailaban a danza eran relevantes para a sociedade marinense e o facían con auténtica paixón e devoción.

Un dos grupos tradicionais de baile é o de Meigas e Trasgos e no 2002 nace o Padroado de San Miguel, como ente valedor da danza.Está formado por membros do Ateneo Santa Cecilia, da Corporación municipal, un historiador, polo cura-párroco e por persoas encargadas da música e da ensinanza da Danza de Espadas.

O grupo do Ateneo Santa Cecilia, subdividido en tres partes, conta cun total de 200 danzantes. No grupo dos máis pequenos, faise un baile máis simple e faise ao arrancar a procesión diante do Templo Novo. Logo, vaise complicando a danza, facendo figuras máis elaboradas por parte dos grupos veteranos de danzantes.

Cando os danzantes cumpren 10 anos na danza, regálaselles unha medalla de prata, que se entrega no acto institucional que todos os anos acolle o Salón de Plenos da Casa Consistorial. Despois, pásase á medalla de ouro. Tamén se entregan as espadas de prata e outras distincións, como a Cofradía de Honra.

Ao final de cada unha das danzas, hai un berro que caracteriza á solemnidade desta tradición e que forma parte do ADN de todos os marinenses:

VIVA A DANZA DE ESPADAS! VIVA SAN MIGUEL!

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados