A Xunta investirá 1,3 millóns de euros na humanización da rúa Concepción Arenal de Marín para convertela nunha vía municipal.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda asinará un convenio co Concello de Marín para cofinanciar as obras, cun orzamento total de 1,6 millóns de euros, que se executarán entre o treito de 500 metros da estrada PO-546 que vai desde a glorieta das Anclas e a rúa real de Cantodarea. A Administración autonómica achegará o 80% do importe desta actuación o o Concello, o 20% restante e asumindo, ademais, a titularidade da vía.
A rúa Concepción Areal correspóndese cun treito da estrada autonómica PO-546 que comunica Pontevedra con Marín e que nesta zona se atopa moi urbanizado, cun tráfico principalmente local tras a posta en marcha da Variante deste municipio.
O convenio autorizado hoxe polo Consello da Xunta pretende adaptar as condicións deste treito da estrada ao seu actual uso como como vía urbana, ampliando as beirarrúas para facilitar o tránsito peonil, reordear os aparcamentos e a zona de carga e descarga, na procura dun tránsito máis fluído na estrada. Ademais, prevese renovar os servizos existentes e instalar novo mobiliario urbano.
O novo deseño da vía terá un ancho de calzada de 6,2 metros, con dous carrís por cada sentido aos que se suman 2,20 metros máis na zona onde está previsto o espazo de aparcadoiro, na marxe esquerda, no sentido de José Trasende a Contodarea.