Neste Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello de Marín rende homenaxe ás profesionais do Servizo de Axuda no Fogar, un gremio moi feminizado que realiza un labor esencial na atención de persoas con diversas dependencias. Grazas a elas, poden seguir vivindo no seu fogar co apoio que precisan. Este 8M é para visibilizalas e reivindicalas.
Unha exposición que dignifica o valor dos coidados na nosa sociedade.
Vestíbulo do Concello (ata o 6 de marzo)
Museo Torres (do 6 ao 8 de marzo)
Actividade lúdico-educativa cunha duración de 55 minutos por aula, que persegue o obxectivo de favorecer a comprensión e o valor social do coidado profesional, así como a importancia da autonomía persoal.
Calendario:
A actividade Radar: Level Up, toca temas relacionados coa situación das mulleres traballadoras, e consiste nun percorrido histórico para analizar a realidade material, política, social, xurídica, e económica das mulleres nas diferentes épocas históricas.
Participarán CPR La Inmaculada (25/03) e Mestre Landín (26/03).
Acto de homenaxe ás mulleres traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un gremio moi feminizado que realiza un labor esencial na atención de personas con diversas dependencias. Contará con testemuños reais de traballadoras de Marín, a proxección dun documental sobre o oficio e a lectura da declaración institucional.
12.30 h – Sala de actos do Museo Municipal Manuel Torres
Sesión práctica coas matronas do Centro de Saúde de Marín para previr este síndrome de exceso de carga de traballo física e sobre todo mental entre as mulleres que se adican ao coidado no fogar de maneira profesional, ofrecendo ferramentas para afrontar situacións límite.
18 prazas dispoñibles. Inscrición a través da empresa IDADES (só para traballadoras do servizo en Marín).
16.00 a 19.00 h – Centro de Saúde de Marín
A través da web do CIM, pódese acceder a servizos e recursos relacionados coa sensibilización e prevención da violencia de xénero na infancia, adolescencia e nas familias; incluindo:
2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados