Inauguración do Centro de Saúde.

Inauguración do Centro de Saúde.

Discurso da Alcaldesa de Marín:

Discurso do Presidente da Xunta (en funcións):

O novo centro de saúde de Marín, Feijóo subliñou que, cun investimento de máis de 5,6 millóns de euros, este novo edificio substituirá o vello centro de saúde e a Casa do Mar e contará con novos servizos como o de fisioterapia. “Estamos a falar dun centro ao que estarán adscritas máis de 23.000 tarxetas sanitarias”, abundou.

Máis polo miúdo precisou que esta nova infraestrutura conta con tres grandes áreas. A primeira, unha área de medicina xeral e enfermaría, que conta con, entre outras cousas: 12 consultas de medicina xeral, 11 de enfermaría, unha consulta de odontoloxía, outra para hixiene dental, outra de farmacia, unha consulta da muller, unha para a matrona, unha sala e consulta para fisioterapia con 4 cabinas de tratamento, e todos os servizos para a xestión do centro.

Pola súa banda, a área de pediatría conta con catro consultas, unha sala polivalente de pediatría e catro de enfermaría pediátrica. E en terceiro lugar, na área de urxencias (PAC), o centro de saúde ten cinco consultas de medicina xeral, dúas de enfermaría, catro dormitorios para o persoal de garda, unha sala de críticos e outra de observación.

“Estamos, en definitiva, a falar dun dos centros de saúde máis completos de Galicia, onde traballan entre outros, 25 médicos e 20 persoal de enfermaría, máis celadores, matronas, odontólogo, hixienista e fisioterapeuta”, afirmou.

Logo de aseverar que entre este novo centro de saúde e o consultorio do Seixo se dará cobertura ás necesidades sanitarias da poboación de Marín, Feijóo quixo agradecer o traballo de todos os profesionais do Servizo Galego de Saúde e, moi especialmente, dos que traballan na Atención Primara, “a porta de entrada ao sistema e o punto de conexión coa atención hospitalaria”.

Anterior VII Carreira Pinga Pinga.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados