A nova oficina conta cun gran despregue de contido dixital e de realidade virtual
Marín, 03 xullo 2026
A nova Oficina de Turismo de Marín xa está en pleno funcionamento. Este verán a localidade está de estreo, cunha Oficina de Turismo totalmente renovada que agora se ubica no local máis cercano á Avenida de Ourense do novo Auditorio.
A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, estiveron na apertura deste novo punto de información turística, que renova totalmente a forma de consultar os atractivos do municipio, cunha aposta clara polo virtual.
A oficina conta con dous grandes totems de información, nos que se irá volcando a axenda cultural e festiva da localidade. Conta tamén con tres estacións dixitais interactivas, cada unha das cales ensina os recursos de Marín dun xeito diferente, permitindo á persoa usuaria escoller no Virtual Map que enclave quere ver e visitar de forma virtual.
Este proxecto completa as actuacións no entorno da Praza de España do Plan de Sostibilidade Turística, financiado a través da Unión Europea e que contemplou a creación de todo o contido visual e de realidade virtual, así como a creación da actual web turismomarin.com
A oficina, que tamén conta con todo o material turísitico en papel, estará aberta todos os días ata o 31 de setembro, en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas.