Inaugurado o curso "Galegas Dixitais"

Inaugurado o curso "Galegas Dixitais"

12 setembro 2022

A dixitalización e a ruptura da fenda de xénero é un dos eixos nos que se apuntala o programa Galegas Dixitais, que arrancou hoxe na Aula CeMit. Ata alí se achegou a alcaldesa, María Ramallo, en compañía do axente de desenvolvemento local, Alfredo Montero. A rexedora desexoulle ás mulleres participantes “que esta formación sexa unha oportunidade para poder coller ferramentas que vos permitan adaptarnos a un mundo cada vez máis dixitalizado”.

O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, inclúese un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.

Coa realización completa da formación, as participantes recibirán un título oficial acreditativo, emitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia. Ademais, as alumnas serán obsequiadas cun ordenador portátil Chromebook, que xa será foi entregado hoxe ao inicio da formación para que o utilicen na mesma.

Anterior Volve o Marín Gaming Fest os días 15 e 16 de outubro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados