Iniciada a tramitación do proxecto construtivo do Auditorio, o gran pulmón cultural da vila de Marín

Iniciada a tramitación do proxecto construtivo do Auditorio, o gran pulmón cultural da vila de Marín

O Auditorio de Marín dá un paso máis no seu proxecto construtivo. A empresa NAOS, que resultou adxudicataria do proxecto, presentou xa o documento final que rexerá a construción dun centro socio cultural adaptado ás necesidades da nosa vila con capacidade para 550 butacas. Agora, iníciase a súa tramitación, así como a do estudo detalle asociado.

Este edificio suporá un gran cambio na fachada litoral da nosa localidade e a oportunidade de aflorar a xa activa vida cultural da vila marinense. Segundo explicou o arquitecto Miguel…, o deseño do edificio está pensando como “”un gran espazo que dea continuidade visual entre o edificio, a contorna e o mar.

A empresa presentou este proxecto final aos membros da Corporación municipal, con presenza do partido de Goberno e de representantes do BNG e do PSOE.

A inspiración da empresa deriva nas distintas alturas e perspectivas que se presentan nos barrios típicos da nosa orografía. “”Cada esquina do edificio percíbese de maneira diferente, explicou o técnico, conseguindo un acabado máis atractivo, dinámico e de enorme integración paisaxística.

A parte máis voluminosa do inmoble será a máis cercana á barreira visual do Porto de Marín e en distintos puntos da cuberta, as grandes cristaleiras entrara luz natural que impactará directamente no vestíbulo.

Precisamente este vestíbulo quere ser “”unha especie de praza pública, pero cuberta, explica a empresa, que considera que todo o espazo pode ser aproveitado na súa totalidade de xeito diáfano, con distintas actividades simultáneas e que poidan sentirse acollidas nas distintas aulas que existen.

Ademais, para casos de menor aforamento, o patio de butacas contempla unha partición con cortinaxe que permite habilitar unicamente a metade das butacas, para actos con taquillas máis pequenas que permitan facer máis acolledoras determinadas representacións.
Público tamén ao aire libre”

Outra das grandes novidades e innovacións que ofrecerá o Auditorio de Marín é a posibilidade da apertura dun gradería exterior desde o que se poida ver o escenario.
Ademais, as grandes cristaleiras das partes do hall e dalgunhas das salas permitirán unha interesante unión visual entre a actividade interior do edificio e a vida de fóra.É unha infraestrutura moi aberta e funcional””, asegurou o arquitecto.

Marín Dusi, a gran estratexia urbana de Marín
Marín segue dando pasos nesta recta final do 2020 na consecución da estratexia Marín Dusi.
O orzamento total do Auditorio ascende a cerca de 4 millóns de euros, dous dos cales están investidos polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.
Ademais, a humanización da Avenida de Ourense continúa avanzando na súa execución e xa está firmada a acta de reprantexo das obras de remodelación do Paseo Alcalde Blanco.”z

Anterior A arte caligráfica e pictórica de María Sancho marcará o paso dos meses no próximo ano en Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados