Iniciadas as obras no Cemiterio da Raña para a construción dun novo columbario, que albergará 80 nichos

Iniciadas as obras no Cemiterio da Raña para a construción dun novo columbario, que albergará 80 nichos

18 maio 2021

A concelleira Cristina Acuña acudiu hoxe ao Cemiterio da Raña para comprobar o inicio das obras de construción dun novo columbario e de oito panteóns, unha actuación que é necesaria para a ampliación do camposanto. Estes traballos están a ser realizados pola empresa ACEVI.

En total, proxéctanse 80 novos pequenos nichos no novo columbario, cunhas dimensións de 50 cm de alto, 50 de ancho e 97 de longo. A maiores prantéxase tamén a construción de 8 novos panteóns para un total de 28 nichos cada un, ademais dun almacén integrado nun deles para dar cabida aos servizos de pluviais. O proxecto suporá traballos de demolición, creación de estruturas, saneamento e cantería e a súa inversión ascenderá a case 70.000 euros.

Tanto o columbario como os panteóns construiranse na parte nova do cemiterio, xunto co último columbario que se creou e para o que o Concello tamén ten outro proxecto de re-formar a súa cuberta.

Ademais se traballa noutra actuación co obxectivo de protexer da chuvia tanto á fronte de cada un dos nichos como ás flores e cirios que os familiares dos defuntos depositan con frecuencia na base do mesmo, así como ás persoas que visitan aos seus seres queridos para orar polas súas almas.

A superficie construída da nova cuberta será de 18 metros cadrados, cunha altura máxima de 3,72 metros. O prazo estimado desta actuación secundaria é dun mes e medio e suporá unha inversión de 8.923,87 euros.

Ambas actuacións, que redundarán nunha mellora do cemiterio máis utilizado en Marín, suman deste xeito unha inversión de case 80.000 euros.

Anterior Os nenos e nenas de Marín poderán converterse en Manuel Torres nas súas próximas visitas ao Museo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados