Intensa limpeza de cunetas na parroquia de Santomé de Piñeiro

Intensa limpeza de cunetas na parroquia de Santomé de Piñeiro

O Concello está levando a cabo unha intensa actuación de limpeza de cunetas na parroquia de Santomé de Piñeiro. Concretamente, os traballos están a desenvolverse na estrada que une os lugares de Allariz, Igrexario, Cernello e Anicón, a cargo da empresa Construcciones Fechi, cun orzamento total de 8.046,50 euros.

Segundo indicou esta mañá o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, trátase dunha actuación moi demandada polos veciños e veciñas destes núcleos rurais “e é moi necesaria debido á gran cantidade de auga que se xunta, froito da escorrentía das ladeiras do monte”.

Os traballos xa comezaron a pasada semana e está previsto que poidan ser rematados a finais desta semana.

Anterior O Concello decide suspender este ano os campamentos de conciliación de verán no Concello

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados