Máis de 170 deportistas participaron esta fin de semana na III Xornada da Liga Galega de Boxeo Infantil

Máis de 170 deportistas participaron esta fin de semana na III Xornada da Liga Galega de Boxeo Infantil

O boxeo volveu dar un gran paso en Galicia esta pasada fin de semana, co récord absoluto de participación na III Xornada da Liga Galega de Boxeo Infantil no Colexio San Narciso. Este evento, organizado polo Team Thunder e baixo a supervisión da Federación Galega de Boxeo, permitiu a participación de máis de 170 deportistas.

Os nenos e nenas, desde os 3 anos de idade, puideron gozar dun deporte como é o boxeo, practicándoo sen risco e competindo con total normalidade, tal e como salientan desde o club organizador.

Entre os xuíces do evento destacou a presencia do doutor do Consello Mundial do Boxeo, Rodrigo Damián Merlo, que viaxou desde México e que destacou o alto nivel da canteira de boxeadores galegos.

No ámbito local, o club marinense foi unha vez máis líder en participación, con 40 deportistas, destacando as medallas conseguidas por Martín Grandío, Kiko Castro, Eloy Barcia, Pablo Lubián, Karl Bartölke, Yohana Jiménez, Hannes Bartölke e Sofía Soto.

O Team Thunder comeza agora ca preparación do evento de boxeo do ano en Marín, a III Copa Galicia de Boxeo, na que se anuncian catro superfights a nivel autonómico, sete combates de Copa contra a selección de Bizkaia e un combate profesional do vigués Kike “Rayito” García.

 

 

Anterior Ecoembes e o Concello organizan unha recollida de “basuraleza” no Lago Castiñeiras

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados