Contacto | Tel.:986 88 03 00

Marín anuncia unha dinamización “con moito xeito” para todo o verán

18 maio 2021

Un verán con xeito. Iso é o que nos espera desde o arranque do mes de xullo ata setembro! Volvemos apostar por un intenso programa de dinamización musical, cultural e de ocio que nos permita gozar dunha das estacións máis bonitas do ano no noso municipio, apoiando ao talento local e poñendo en valor as nosas rúas e prazas.
As concelleiras Marián Sanmartín e Raquel Soage presentaron esta mañá a campaña de dinamización do verán, que só no mes de xullo aglutinará case 50 actuacións de música, maxia, folclore e outras disciplinas, que se sumarán ás citas grandes anunciadas para os días centrais das Festas do Carme.
O programa completo poderá consultarse de xeito online, accesible a través dun QR e da web do Concello, e permitirá que as actuacións que organice a hostalaría pola súa banda poidan incorporarse á parrilla para poder darlles visibilidade.
Iranse anunciando as citas programadas ata finais de xullo e a medida que avancen as semanas incluiranse máis detalles de todo o que está a preparar o Concello para agosto e setembro.
Un pequeno formato que revalidará o éxito do ano anterior, espallado por distintos puntos do centro urbano e cun marcado carácter local, para toda a familia e co obxectivo de gozar dun verán de festas, de solpores, de música, de praia e de xogos para os máis pequenos, tal e como se pode ler na campaña promocional lanzada hoxe polo Goberno local.

“Queremos replicar o traballo que realizamos o pasado ano, apostando polo terraceo, pola hostalaría, porque sabemos que é un motor de dinamización económica que se funciona axuda a que todo o demáis tamén funcione”, explicou Sanmartín durante a rolda de prensa.
No caso de que algún establecemento queira sumar a súa programación á do Concello, pode enviar a súa información ao email prensa@concellodemarin.es
“Apostaremos, ademais, por todo o talento marinense e local, grupos de música e de dinamización que sexan da nosa vila e da contorna”, engadiu. Coma sempre, cumplirase con todos os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.

Unha programación paralela ás grandes citas das Festas do Carme
Tal e como xa se anunciou a pasada semana, os días grandes das Festas do Carme terán o seu propio cartel, que se presentará para a vindeira semana, terán actuacións de gran formato, en sillas e co aforo limitado, a través da reserva de entrada previa gratuita.
Serán o concerto de DVicio e da París de Noia, sempre que a proba piloto de mañá saia ben, e a actuación de maxia de Pedro Volta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies