Marín aproba inicialmente o seu Plan Municipal de Emerxencias

Marín aproba inicialmente o seu Plan Municipal de Emerxencias

O Pleno da Corporación celebrado no Concello aprobar de xeito inicial o Plan de Emerxencias Municipal de Marín. Este documento de carácter técnico, que foi explicado na sesión plenaria polo concelleiro de Tráfico, Francisco Estévez, recolle un conxunto de normas, medios dispoñibles, persoas e procedementos de actuación que deben ser a guía de resposta do Concello ás situacións de emerxencia que se poidan producir.

Tal e como explicou o edil, o plan pretende identificar e valorar os riscos que piodan existir no Concello, xerar un documento marco de actuación específico para cando se rexistren emerxencias, identificar cales son os medios humanos e materiais cos que se conta, elaborar protocolos específicos de actuación e definir os métodos de aviso e comunicación en momentos críticos.

Para a elaboración deste plan, no que tamén estivo implicada a Policía Local como máximo corpo de seguridade a nivel municipal, seguíronse as indicacións recollidas pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que marca uns parámetros para a súa redacción.

Agora, o documento, pasará a exposición pública, para tramitar finalmente cando remate este período a súa aprobación definitiva.

Anterior O Concello proxecta a humanización de Pedreiras de Abaixo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados