29 xuño 2022
Os días 1, 4 e 5 de xullo, en horario de 09.00 a 20.00 horas, chegará a Marín a caravana de Coidados Porta a Porta, unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que achega servizos asistenciais ás persoas maiores para previr a dependencia, ofrecendo estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía.
Para pasar consulta, é preciso solicitar cita previa, nos teléfonos 622 748 283 ou no mail coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Incluirase estimulación cognitiva e funcional, prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables e promoción do envellecemento activo. No que respecta á podoloxía, pasarase unha consulta básica, ofrecerase corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas, así como unha valoración do estado xeral do pé.
En canto a audioloxía, tamén se ofrecerá unha consulta básica, a exploración funcional da audición e a prevención da perda auditiva.