Marín trata as súas palmeiras contra a praga do picudo

Marín trata as súas palmeiras contra a praga do picudo

A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, informou esta semana do tratamento que se leva a cabo cada ano para evitar que a praga do picudo, que afectou a gran parte da poboación de palmeiras da nosa comunidade nestes últimos anos, faga morrer aos exemplares que actualmente forman parte da nosa superficie arbórea.

Este tratamento integral contra o picudo vermello lévase a cabo en Portocelo, na Alameda, no Parque Eguren e no Parque Azul, onde temos eses exemplares de palmeira canaria.

Dentro do tratamento, lévanse a cabo varios procesos. Por unha banda, a cada exemplar se lle practica a endoterapia, un tratamento de inxeccións no tronco a principios da primaveira.

Despois, cando chega o verán aplícase un tratamento fitosanitario de reforzo consistente nunha “ducha química” cunha serie de productos autorizados para as palmáceas.

Finalmente, cando vai entrando o outono, repítese este segundo paseo pero con nematodos, un produto que serve de antíxeno biolóxico contra esta praga.

En total, este tratamento, que preserva as nosas palmeiras sen que o picudo poida facelas morrer, supón unha inversión de cerca de 5.000 euros.

Anterior Pastoriza clausura a depuradora e inaugura o novo colector para mellorar o seu saneamento

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados