Hoxe mantiveron unha reunión membros das Asociacións responsables das doazóns de sangue e de órganos, co concelleiro Benito Touriño.
Nela presentáronlle os datos, moi satisfactorios en canto a doazón de sangue, xa que nun momento de recesión na doazón como o actual, Marín é dos poucos concellos que aumentou en 10 puntos, con respecto a media galega. Situándose en 1285 doazóns. Isto con respecto a sangue, que en Marín é habitual a visita da unidade móbil na alameda.
Pero esta vez non estarán solos. O xoves 2 e o venres 3, tamén estarán na alameda unha mesa informativa para a doazón de órganos. No ano 2015, España rexistrou o maior aumento de doantes da historia da organización nacional de transplantes., encabezando, como ven sendo habitual, o ranking mundial.
O venres, entre todos os doantes, sortearase un balón de futbol firmado por todos os xogadores do clube Celta de Vigo.