Plan de pavimentación de camiños rurais
Haga click para desplegar
A integridade das infraestruturas viarias en todo o termo municipal, pero especialmente no rural, é unha prioridade para o Goberno local, que considera esencial poder ofrecer servizos de comunicación vertebrados entre todos os núcleos de poboación.
Nese sentido, ano a ano adxudícase o Plan de Pavimentación de Camiños Rurais. En 2022-2023, actuarase en máis de 3.000 metros de camiños de titularidade municipal, cunha inversión superior aos 250.200 euros.
Este paquete englobará a mellora do pavimento nos seguintes camiños:
- 
                    
                        O Carregal, Pena e Caeirona parroquia de San Xulián 
- 
                    
                        O Cruceiro do Ventona parroquia de Mogor 
- 
                    
                        Castro e A Brea-O Barriona parroquia de Seixo 
- 
                    
                        Ameal-Oubiña e Sobreirasna parroquia do Campo 
- 
                    
                        O Pereiro e O Pozona parroquia de Santomé de Piñeiro 
- 
                    
                        Loira e Saídena parroquia de Ardán 
É dicir, un total de 12 camiños rurais que verán rehabilitado o seu firme, mellorando a seguridade viaria da veciñanza que, en moitos casos, ten nestes camiños a única vía de acceso ás súas vivendas e parcelas privadas.
