Plan de Prevención de Incendios Forestais

Plan de Prevención de Incendios Forestais

O Concello de Marín conta desde hai varios anos co seu Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais.

O documento foi elaborado pola empresa Seaga, ao abeiro dun convenio que a empresa ten coa Xunta de Galicia e coa Fegamp e ao que está adherido o Concello de Marín. Este convenio ten como obxectivo que todos os concellos galegos cumpran ca lexislación autonómica en materia de prevención e defensa contra os incendios.

Para o que o Xunta pon a disposición das entidades locais os servizos da empresa para elaborar os plans naqueles lugares onde aínda non se teñan, como era o caso do municipio marinense.

O plan elaborado por Seaga foi remitido aos técnicos municipais e firmado pola Dirección Xeral de Defensa do Monte, organismo dependente da Consellería de Medio Rural.

Franxas secundarias para freas as lapas

O proxecto contempla unha primeira fase do plan, consistente na creación de franxas secundarias, é dicir, áreas de seguridade que se separen 50 metros do límite xeográfico do núcleo rural, que deben estar libres de maleza e de especies pirófitas.

“Este é un paso moi grande para poder cumprir ca lexislación vixente, podendo controlar moito mellor os límites das parcelas, de xeito ordenador eficaz, dado que, ata o de agora, tiñamos que facelo case finca a finca”, explica o edil de Medio Rural, Pablo Novas.

A segunda fase do proxecto, que se realizará máis adiante, tamén por Seaga, contempla a protección daquelas vivendas illadas e das redes de viarios rurais e urbanos que non están dentro dos núcleos.

Unha aplicación para as notificacións

Co fin de desenvolver na práctica os plans municipais, Seaga pon a disposición dos concellos a aplicación Xesbio, a través da cal o concello marinense poderá introducir de forma informatizada todos os datos das referencias catastrais que se verán afectadas polo novo plan municipal.

Así, poderán enviarse sinxelamente as notificacións aos propietarios das fincas para que poidan proceder á adaptación e limpeza das súas fincas, en caso de atoparse dentro do límite dos 50 metros das franxas secundarias.

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados