Mellora no Peirao de Aguete.

Mellora no Peirao de Aguete.

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, ten previstos investimentos por importe de máis de 140.000 euros para o peirao de Aguete, no municipio pontevedrés de Marín. Así o confirmou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona na que clarexou que boa parte das actuacións programadas están xa en tramitación ou execución.

Así, Durán Hermida lembrou que o ente público vén de acometer o desmantelamento do peche do surtidor de combustible e acondicionamento e limpeza do recinto no que se ubicaba, así como a reparación do pavimento na zona. Proximamente procederase á neutralización dos gases dos depósitos de combustible para dar por finalizada esta actuación.

Ademais, Portos de Galicia vén de autorizar o gasto para a reparación do dique aboiante tralos danos ocasionados polos efectos das condicións meteorolóxicas do pasado inverno, que provocaron o desprazamento parcial desta instalación. José Juan Durán tamén anunciou esta mañá que, trala reparación do dique aboiante, o ente público instalará dous novos módulos de formigón de 20 metros de longo por 3 de ancho.

A maiores, instalarase tamén un pantalán para o servizo de barqueo, de xeito que o peirao poida ofrecer servizo de transporte aos barcos fondeados. Para completar a actuación integral de mellora do porto de Aguete, a Administración pública está a estudar a fórmula axeitada para a posta en valor do antigo peirao, un elemento de singular valor patrimonial para o municipio

Anterior Curtametraxes "Deber" e "Tupper".

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados