Milladoiro, Xulio Lorenzo e Musimarín nas Festas da Virxe do Porto

Milladoiro, Xulio Lorenzo e Musimarín nas Festas da Virxe do Porto

3 septiembre 2021

As Festas da Virxe do Porto volven a próxima semana. O días 7 e 8 o Concello de Marín organizou un programa de concertos co que poder honrar á patroa da vila e gozar, con seguridade e con todas as medidas sanitarias vixentes, dunha das citas máis esperadas do calendario festivo marinense.

As festas comezarán o martes, día 7, ás 20.30 horas, co concerto na Alameda do grupo Milladoiro. O grupo de folk celta, un dos máis importantes do panorama musical galego, leva en activo desde 1978 e está considerado como un dos grupos de música do seu xénero máis relevantes a nivel internacional. Incluso, tocaron en multitude de ocasións co tamén coñecidísimo grupo The Chieftains.

Xa o mércores, Día da Virxe do Porto, abrirá a programación a Banda de Música Musimarín, que tocará na Alameda a partir das 13.00 horas. Pola tarde-noite, tamén na Alameda, en torno ás 20.30 horas, collerá ao relevo Xulio Lorenzo, músico e compositor nacido en Louredo (Mos), fundador do grupo Xabenga folk. Actualmente, ten o seu primeiro traballo discográfico en solitario publicado, no que participaron grandes artistas, como Bieito Romeo, Marcos Campos, Pedro Fariñas ou a Banda de Gaitas Xarabal, entre outros.

En canto aos oficios relixiosos, haberá misa no Templo Novo ás 12.00 horas.

Ardán tamén celebra o Día da Patroa

Ademais do centro de Marín, tamén a parroquia de Ardán vestirase de festa para honrar á Virxe do Porto. O mércores, día 8 de setembro, ás 13.00 horas, haberá misa cantada e pasarrúas a cargo da Banda de Música de Bueu. Pola noite, actuará a Orquesta Marbella. de 21.00 a 00.00 horas.

O xoves, día 9, para pechar o calendario festivo, haberá de novo misa cantada ás 13.00 horas en honra a San Roque e pasarrúas co Grupo de Gaitas de Ardán. Pola noite, a partir das 21.00, será a quenda da Orquesta Oca Band.

Desde a Comisión de Festas da Asociación Landra Verde quixeron agradecer á Xunta de Galicia a colaboración económica que realizaron para o desenvolvemento da festa, aportando o 40% do custe das orquestras, e tamén ao Concello, pola súa aportación.

Anterior Últimos días para aportar suxestións á ordenanza de terrazas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados