Zona 2H
Haga click para desplegar
Coa intención de aumentar a rotación e permitir que as rúas máis céntricas da cidade teñan prazas libres para poder facer recados, xestionar algún trámite, tomar un café e, por ende, apoiar á economía local, naceu a ordenanza que regula o estacionamento con horario limitado.
A ZONA 2H, que é como se chama e que está indicada con sinalización vertical, regula o tempo máximo de estacionamento de xeito GRATUÍTO. Ese tempo máximo é de 2 horas está aplicado nas seguintes rúas:
Av. de Ourense
Habilitarase a Zona 2H desde o cruzamento da Rúa Carballiño ata o cruce coa Rúa José Trasande, pola beira dos edificios.
Desde o paso de peóns, fronte ao parque infantil ata a Praza de España.
Desde o paso de peóns, fronte o parque infantil ata a Rúa Estrada
Desde o número 90 ao 96
Av. Exército e Marina
Desde o Mercado ata o Monolito da Liberación
Rúa de Ponte
Ocuparase todo o tramo, unindo coas prazas xa existentes como Zona 2H. En total, dotarase de 20 prazas, desde a zona de carga e descarga, situada fronte á fonte, ata o cruzamento con Rúa do Sol
Rúa Concepción Arenal
desde o cruzamento da rúa Jaime Janer ata a rúa da Roda
o tramo da beirarrúa impar, fronte á EEI O Grupo ata o cruzamento coa Rúa Méndez Núñez
Rúa Jaime Janer
Desde o cruzamento coa Travesía Jaime Janer até o cruce coa rúa Busto de Abaixo. Ocuparanse 11 prazas.
Rúa do Alcalde Ezequiel Massoni
beirarrúa impar (Parque Eguren), desde o cruzamento coa rúa do Busto de Abaixo ata o cruzamento coa rúa Concepción Arenal
Zona próxima á Praza de Abastos, na rúa Exército e Marina
Na rúa Exército e Marina, ocupando todo o estacionamento existente na súa marxe esquerda, desde a entrada principal ata a súa bifurcación coa Praza de España. En total serán 20 prazas, repartidas do seguinte xeito:
- Desde o paso de peóns da entrada principal ata o final do edificio: 12 prazas
- Desde o final do edificio ata o paso de peóns de Correos: 4 prazas
- Desde o paso de peóns de Correos ata o final: 4 prazas
Zona do Centro de Saúde
Na rúa Mestre Landín Pazos. Regularase o aparcadoiro público do INVIED que hai fronte á entrada do Centro de Saúde, así como a beirarrúa pegada ao edificio, exceptuando as prazas destinadas á ambulancia e a de persoas con mobilidade reducida. Serán 15 prazas.