Moción conxunta dos grupos da corporación en defensa da frota pesqueira

Moción conxunta dos grupos da corporación en defensa da frota pesqueira

MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS DA CORPORACIÓN DE MARÍN EN DEFENSA DA FROTA PESQUEIRA GALEGA PARA O REXEITAMENTO DO VETO Á PESCA DE FONDO POR PARTE DA COMISIÓN EUROPEA

O 19 de setembro asistíamos con asombro á publicación no Diario Oficial da UE do REGLAMENTO DE EJECUCIÓN (UE) 2022/1614 DE LA COMISIÓN de 15 de septiembre de 2022 por el que se determinan las zonas de pesca en aguas profundas existentes y se establece una lista de zonas en las que se conoce la existencia de ecosistemas marinos vulnerables o la posibilidad de que existan, que entrará en vigor en 20 días.

Esta decisión unilateral, tomada sen ter falado cos Estados nin co sector, é unha mostra máis da mala fe da CE, pois na súa visita a Galicia o pasado mes de xullo a directora xeral Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, comprometérase a revisar a medida con máis datos e informes, cousa que non fixo.

É totalmente indignante e un despropósito que Bruxelas vete a pesca de fondo atendendo unicamente aos aspectos medioambientais e non aos científicos nin socioeconómicos.
Só en Galicia, esta prohibición afecta a arredor de 200 barcos de capital galego de xeito directo e o seu impacto potencial podería chegar a un milleiro de buques, ben polo solapamento de zonas de pesca ou pola futura ampliación desta prohibición.
No que respecta ao noso Concello de Marín, tamén terá un impacto moi importante, tanto en embarcacións afectadas como a postos de traballo.
Sempre defendemos que todas as artes de pesca son respectuosas co medio ambiente se se usan ben. Medidas coma esta, arbitrarias e sen base científica, poñen en risco o futuro da frota e poden supoñer unha importante perda de buques, empregos e alimentos de calidade.
O 20 de setembro o Goberno Galego mantiña unha reunión co sector e con xuristas expertos para analizar o posible recurso e ver o xeito máis efectivo de actuar contra este veto para defender os intereses da frota.
Así, o Goberno galego urxe a construír unha posición sólida a nivel nacional contra o veto á pesca de fondo e compromete o seu apoio aos distintos recursos xudiciais que se presenten.
É fundamental unha resposta xudicial estatal dado que se trata dun asunto que prexudica tamén a outras comunidades, non só a Galicia.
Esta cuestión foi trasladada polo presidente da Xunta ao Executivo do Estado e foi exposta o 21 de setembro na reunión co sector e a Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Temos moi clara a importância da política pesqueira e a política medioambiental. Ambas teñen que estar aliñadas sem que unha prevalez sobre a outra.
Pero é preocupante que a política ambiental vai aos poucos impoñéndose á pesqueira, e sobre todo se impón ao sector económico e social.
Está claro que hai que preservar os ecosistemas, e os pescadores son os máis interesados nesto, en ter un medio mariño sano e productivo, xa que depende de ditos recursos.
Polo tanto a a conservación do medioambiente non pode ser en detrimento da producción sostible da mellor proteína do mundo.
En definitiva que a conservación do medio ambiente e a política pesqueira deben de ir da man.
Por todo o anterior, o Concello de Marín eleva ao Pleno a adopción do seguinte acordo:
1º.- Que a Xunta de Galicia demande do Goberno de España:
1.- Que rexeite públicamente os ataques que o sector de arrastre de fondo está a sufrir por parte da Comisión Europea.
2.- Que defenda a importancia deste sector no conxunto do sector pesqueiro e da economía marítima europea.
3.- Que solicite ao comisario de Medio Ambiente que teña en conta as opinións do sector e os datos cuantitativos da súa representación sobre o total da flora pesqueira europea.
4.- Despregar todas as accións que como estado membro poida exercer para lograr a anulación do regulamento imposto pola Comisión Europea.
5.- Iniciar de inmediato o procedemento xudicial en contra da decisión da Comisión Europea.

2º.- Dirixirse á Xunta de Galicia co obxecto de que:
a.- Apoie tanto o imprescindible recurso do Goberno de España diante da decisión da Comisión Europea de vetar á pesca de fondo, como todas aquelas medidas legais que adopten as empresas armadoras pola súa conta.
b.- Reitere ao Goberno de España a urxente necesidade de solicitar á Comisión Europea que rectifique e anule o novo Regulamento UE 2022/1614 da Comisión, do 15 de setembro de 2022, polo que se determinan as zonas de pesca en augas fondas e se establece unha lista de zonas nas que se coñece a existencia de ecosistemas mariños vulnerables ou a posibilidade de que existan, que entrará en vigor a comezos de outubro deste ano”.
Marín, a 11 de Octubro de 2022

Anterior Conta Xeral 2021

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados