Música, tradición e diversión cunha nova edición dos Cantos de Taberna nos bares de Marín

Música, tradición e diversión cunha nova edición dos Cantos de Taberna nos bares de Marín

A música popular forma parte do ADN dos marinenses e por iso os cantos de taberna teñen tanto éxito cada vez que Os Saljariteiros tocan polos establecementos da vila. Desta maneira, no 2020 repítese o ciclo de Cantos de Taberna por terceiro ano consecutivo, que arranca mañá, venres de Entroido, e que terá lugar un venres de cada mes ate xuño.

A actividade foi presentada  por representantes dos Saljariteiros, organizadores deste ciclo, e polo concelleiro e tenente alcalde, Manuel Santos. Segundo explicaron, a primeira cita será mañá, venres de Entroido, a partir das 21.30 horas, e a agrupación de Marín estará acompañada de “Os Ke Hai”, que virán desde Callobre (A Estrada) para cantar na nosa localidade.

Concretamente, os locais onde se poderán escoitar os cantos de taberna deste venres serán o K-nobbe, La Huerta de la Abuela, Construmar e Freixo. Cada mes, os locais irán rotando, ao igual que a agrupación que acompañe aos Saljariteiros.

Como novidade, este ano os cantos de taberna chegarán tamén a Seixo. Aínda está por confirmar en que mes, pero un dos venres da programación desenvolverase nesta parroquia.

Tanto desde o Concello como desde a agrupación marinense animan a toda a veciñanza a participar dos cantos de taberna nos bares, unha oportunidade para gozar a hostalería local con diversión e tradición incluída.

Horarios de actuacións de mañá

Saljariteiros

Freixo – 21.30 horas

Construmar – 22.15 horas

La Huerta de la Abuela – 23.00 horas

K-nobbe – 23.45 horas

Os Ke Hai

Construmar – 21.30 horas

Freixo – 22.15 horas

K-nobbe – 23.00 horas

La Huerta de la Abuela – 23.45 horas

Anterior A reciclaxe, unha labor conxunta da cidadanía, das administracións e dos centros educativos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados