Next Generation
Financiado con Fondos Nextgen

Next Generation

Orde TER/836/2022, de 29 de agosto, pola que se aproban as bases reguladoras de subvenciones destinadas á transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e se efectúa a convocatoria correspondiente a 2022.

O Concello de Marín é beneficiario de axuda financiadas con recursos provenientes do PRTR, entra as que se atopan as destinadas á consecución dos obxectivos definidos no Compoñente 11 do Plan, Investimento 3- Transformación Dixital e Modernización do Ministerio de Política Territorial e Función Pública e das Administracións das CCAA e as EELL, investimento que aborda proxectos de modernización no ámbito da Administración Xeral do Estado e das Administracións das Comunidades Autónomas e as Entidades Locais.

Desta maneira, a través da convocatoria do Ministerio de Política Territorial correspondente a 2022 de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Orde TER/836/2022, de 29 de agosto), concedéronse fondos para a execución do seguinte proxecto:

LIÑA ESTRATÉXICA 5: Interoperabilidade de servizos básicos de administración dixital

Obxectivo: “Desenvolvemento de Integración con Carpeta Cidadá”

Importe concedido: 167.840,33 euros.

Infórmase que están financiados con cargo a fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea: NEXT GENERATION EU no marco da ORDE TER/1204/2021 SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á TRANSFORMACIÓN DIXITAL E MODERNIZACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS DAS ENTIDADES LOCAIS, (COMPOÑENTE 11. INVESTIMENTO 3) e que compren con todos os principios transversais do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia de acordo co Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de febreiro de 2021, así como cos principios de xestión específicos do PRTR previstos no artigo 2 da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, co nivel de esixencia requirido pola devandita Orde, os seguintes contratos:

  • Desenvolvemento de integración coa carpeta Cidadá
  • Mellora do cableado de rede que permita a correcta Implantación da integración coa Carpeta Cidadá
  • Modernización da infraestrutura de rede do Concello de Marín que permita a correcta Implantación da integración coa Carpeta Cidadá
  • Mellora da infraestrutura do CPD do Concello de Marín que permita a correcta implantación da integración coa Carpeta Cidadá

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados