O Centro Xuvenil do Liceo Casino, outro importante proxecto que poderá facerse realidade co remanente

O Centro Xuvenil do Liceo Casino, outro importante proxecto que poderá facerse realidade co remanente

21 maio 2021
O proxecto de conversión do Liceo Casino nun centro de ocio xuvenil multidisciplinar tratará de asumirse con cargo ao remanente de Tesourería, o que supón unha garantía de liquidez para levar a cabo esta iniciativa social e cultural tan importante.

Así o explicou a alcaldesa, María Ramallo, que repasou algunhas das obras e proxectos aos que se destinará parte dos aforros municipais, que se investirán en importantesiniciativas para a mellora dos servizos públicos que se lle prestan á veciñanza.

O futuro centro xuvenil xa ten proxecto aprobado, cun orzamento calculado de 376.956,85euros. Ramallo asegura que a creación deste centro é “fundamental” para poder ofrecer áxuventude marinense “un lugar que lles sirva non só a nivel social, senón formativo e dedinamización, adaptado aos seus intereses e noque poidan desenvolver o seu potencial,namentres gozan dun tempo de lecer de calidade”.

Novas tecnoloxías, destrezas educativas, aptitudes culturais e artísticas e outras liñas dedesenvolvemento persoal serán as liñas que marquen as actividades e servizos que se ofrezan no centro, que estará pensado para rapaces e rapazas de entre 14 e 20 anos, aproximadamente Segundo se extrae do proxecto, o centro contará cun amplo vestíbulo, que servirá como un espazo polivalente; unha sala de traballo e de estudo, unha sala de informática e unha sala de xogos e descanso.

No que respecta á planta baixa, que albergaba a sala de baile do antigo Liceo Casino, será destinada, tal e como xa se anunciara no momento da adquisición do local, a crear o arquivo municipal. Este espazo contará con arquivadores móbiles de accionamento mecánico e cun pequeno almacén. Tamén se prevé a instalación dun ascensor que facilite o acceso peonil como o traslado de cargas pesadas ao arquivo.

Ambos espazos, o centro de ocio e o arquivo, terán entradas independentes desde a Rúa Tiro Naval Janer. Este vestíbulo de entrada será retranqueado para gañar máis espazo tanto para o portal de entrada ás vivendas particulares do edificio como para poder así deixar dúas entradas para o centro de ocio e unha independente para o arquivo, de tal xeito que poidan funcionar separadamente.

Aprobado o proxecto de reforma da Casa do Mar para o Centro de Día
Otro dos proxectos fundamentais da vila que será realizado con cargo ao remanente será
reforma do primeiro andar da Casa do Mar para convertela nun Centro de Día.

Esta actuación está aínda máis preto despois de que o proxecto de reforma fose aprobado este mércores na Xunta de Goberno local. A asistencia á terceira idade de calidade, pública e gratuita é un dos eixos sobre os que está a traballao o Goberno local, que considera indispensable a dotación desta infraestrutura no municipio

Anterior Recta final das obras de humanización do Camiño Vello de Seixo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados