O compromiso do Concello coa dixitalización documental levou a catalogar 300.000 imaxes desde 2019, coa vista posta no proxecto “A memoria do pobo”

15 xaneiro 2022

Revalorizar e preservar o noso patrimonio é un traballo fundamental, do que Marín xa leva moi camiñado. Desde o 2019, na nosa vila estanse a realizar accións nesta materia, a través dun proxecto co que se pretende clasificar a poñer en valor xa non só os fondos patrimoniais dependentes do Concello, senón tamén aqueles fondos privados existentes sobre o municipio, as súas xentes, os oficios, a industria, as tradicións e a contorna.

De xeito concreto, o Concello xa ten todos os seus fondos a nivel serie documental inventariados segundo a NOGADA, que é a Norma Galega de Arquivos. Pero non só, senón que tamén se catalogaron as principais series do arquivo segundo os estándares internacionais que garanten que ese material está correctamente catalogado e que ten posibilidade de difusión: ISAD-G, ISDIAH, ISAAR e ISDIAF.

Neste momento, o proxecto de dixitalización está na segunda fase de execución e até agora dixitalizáronse 300.000 imaxes, sobre todo relativas aos libros de actas do Concello, libros de contribución rústica, expedientes de distintos ámbitos administrativos e outro tipo de documentación institucional.

A isto é preciso sumar todos os fondos relacionados co Concello que se poden consultar, xa dixitalizados, a través do portal Atopo (https://atopo.depo.gal), da Deputación de Pontevedra ao que o concello está adscrito desde o 2019, e do portal autonómico Galiciana (https://biblioteca.galiciana.gal), xestionado pola Xunta de Galicia e ao que nos adherimos no mesmo ano.

Concello piloto no proxecto europeo Time Machine e futuro proxecto “Recuperación da memoria do Pobo”

Por outra banda, o Concello tamén está sendo partícipe, xunta co CSIC, co departamento de “Ciencias del Patrimonio” e outras institucións, dunha experiencia piloto no ámbito do proxecto europeo “Time Machine” (https://www.timemachine.eu), que busca a posta en valor dos patrimonios locais no ámbito Europeo. Cabe destacar neste marco, a participación da alcaldesa, María Ramallo, en distintas mesas redondas de ámbito nacional onde foi valedora de todos os esforzos que dende o ámbito da administración pública poden facerse para poñer en valor o Patrimonio e preservalo para futuras xeracións.

Tamén compre destacar que se están a elaborar dende o ano 2020 as bases do proxecto “Recuperación da memoria do Pobo”, que terá como finalidade a recolección de fondos patrimoniais de toda tipoloxía presentes no ámbito local, dende asociacións e agrupacións ata fondos familiares e industriais para a posta en valor do patrimonio da vila no plano etnográfico e social.

O proxecto plantexa a recolección, inventariado, catalogación, dixitalización, preservación e difusión dos distintos fondos a través da utilización dos estándares internacionais, as ferramentas e as canles xa desenroladas en anteriores proxectos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies