Marín presenta o cartel do seu Entroido, que contará con festa infantil, animación e exposicións

11 febreiro 2022

Marín xa ten cartel e programa de Entroido. As concelleiras Marián Sanmartín e Beatriz Rodríguez presentaron o cartel deste ano das festas xunto co seu creador, Luis Vilas. “Temos que seguir mantendo todas as medidas”, expresaron ambas, “pero temos capacidade para desfrutar destas datas e para poder seguir apoiando á nosa economía local, desde as comparsas e asociacións que teñen nestes días un momento importante para a súa actividade, ata o comercio e a hostalaría”, expresaron.

O 20 de febreiro, inaugurarase a Exposición do Entroido Galego no Museo Manuel Torres, organizada en colaboración coa Asociación Cultural Tregha (Saljariteir@s) e poderá verse ata o 13 de marzo.

O 21 de febreiro, a Comparsa Os da Caña decorará o Palco da Música e ao día seguinte, o 22 de febreiro, será a Comparsa Os Paparrulos a encargada de decorar a fachada do Concello.

O mércores 23, inaugurarase a Exposición do Enterro da Sardiña no acristalado do Multiusos, organizado en colaboración co Ateneo Santa Cecilia e que estará alí ata o 4 de marzo.

O venres 25 o Entroido trasládase a Seixo, onde se moverá a burra tradicional deste entroido á Prazas de Abastos da mand o Grupo Cultural Ronsel. Tamén estará ata o 4 de marzo. Ademais, polas rúas de Marín estarán animando os membros da Charanga Os Jalácticos.

O día 26, haberá animación da Batucada Axé Bahía e de Charanga Noroeste polas rúas de Marín. E o domingo 27, será a quenda da Baticada Maracumbé Bloco e a

Charanga Os Jalácticos. Ese mesmo día, pola tarde, será a Gran Festa Infantil na Alameda con música e animación (no caso de choiva, moveríase ao Multiusos).
Xa o 1 de marzo, o Ateneo Santa Cecilia organizará o seu tradicional Concurso de Orellas e Filloas no seu local. O 2 de marzo, Mércores de Cinza, será o velorio da sardiña no Palco da Música e tamén a entrega do concurso gastronómico do Ateneo.

O broche final do Entroido marinense será o 6 de marzo, coa degustación do Bolo do Pote a cargo de Pousos de Area. A animación será a cargo da Charanga Noroeste.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies