07 maio 2021
[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2021/05/MODELO-SOLICITUD-CAMPAMENTO-DE-VERANO-2021_V2.pdf” size=”large” color=”blue”]Modelo Solicitude Campamentos[/button]
A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, anunciou esta mañá que o xoves 13 de maio abrirá o prazo de inscrición para solicitar unha praza nos campamentos de verán de conciliación que ofrece o Concello de Marín, dirixidos a nenos de entre 3 e 12 anos, é dicir, os nados entre o 2009 e o 2018.
A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín, ou presencialmente, presentando a documentación requerida no Rexistro municipal.
Para facelo de xeito online é preciso contar con un certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitarse ao Concello para conseguilo a través deste link: http://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/
No caso de que a solicitude de praza para o campamento se realice de maneira presencial é obrigatorio pedir cita previa, ben a través deste enlace (https://sede.concellodemarin.es/Default.aspx?key=ywhv8ARPM/nr0PlcW+YkqGlHCxwyahnGY0nQWQdIwck8HyJ2zrAVvRqgoeLAaM1KLV1sdjUoL42vFMc8B3XbhQ==) ou chamando ao teléfono 986 88 03 00. Neste caso, o máximo de solicitudes que pode presentar unha persoa é de 5.
As persoas interesadas terán de marxe os primeiros tres días da próxima semana para preparar a documentación e pedir as citas previas e así poder chegar ao xoves, día da apertura do prazo, con todo resolto. O prazo de presentación rematará o 26 de maio. O listado de prazas concedidas sairá o venres 28.
O precio será o mesmo que todos os anos, 30 euros por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, de tal xeito que se ofrecen 50 prazas por cada quincena no casco urbano e 25 en Seixo e Mogor. Unha das quendas do centro urbán redúcese das 75 prazas que se ofertaban outros anos ás 50 para garantir a seguridade e o aforo.
e ofreceranse 50 prazas para cada quincena estival para o campamento urbano. A reducción de prazas frente a outros anos, nos que se ofrecían 75, vén xustificada pola situación sanitaria e a necesidade de cumprir con aforos máximos. A esas prazas no casco urbano súmanse as 25 que se ofrecerán en Seixo e Mogor para as dúas quendas planificadas, que serán na segunda quincena de xullo e na primeira de agosto.
Outra novidade con respecto a este ano será o emprazamento no que se desenvolverán os campamentos urbanos, que pasarán do Sequelo ao CEIP da Laxe, por mor das obras que albergará o centro durante o verán, que impiden a prestación deste servizo con seguridade.
Forma de pago
O pago do prezo público poderá realizarse mediante domiciliación bancaria, por pago telemático ou de xeito presencial nas oficinas da Tesourería municipal.
Para o pago por domiciliación bancaria, o solicitante debe autorizar ao Concello de Marín para adebedar na conta que se indique (da que o solicitante debe ser titular) o importe do prezo público. O cargo na conta será realizado o 4 de xuño de 2021.
A domiciliación que se autorice será exclusiva para o pago do prezo público de campamentos de verán do ano 2021, non afectando ao outros tributos ou ingresos de dereito público nin a períodos posteriores. Se o cargo do prezo público non é atendido nos prazos establecidos para elo, considerarase que NON foi efectuado o pago.
No caso de realizar o pago telemático, haberá de prazo ata o día 7 de xuño de 2021. Para elo o solicitante pode efectuar o pago con cargo a unha tarxeta bancaria a través da pasarela de pago do Concello de Marín. O procedemento a seguir é o seguinte:
• Entrar na sede electrónica do Concello de Marín (sede.concellodemarin.es)
• Clickar na opción RECIBOS E IMPOSTOS > módulo de AUTOLIQUIDACIÓNS DE TAXAS E PREZOS PÚBLICOS > opción CAMPAMENTOS DE VERÁN
• Xerar a autoliquidación. Deberá efectuarse a correspondente autoliquidación por importe de 30,00 euros.
• Elixir opción de pago: unha vez elaborada a autoliquidación deberá escollerse a opción de PAGAR ONLINE, que o dirixirá a unha pasarela de pagos na que se pode efectuar o pago con cargo a unha tarxeta emitida por calquera entidade financeira.
• Efectuar o pago. Elixir a opción de PAGO POR LA PASARELA DE CECA e premer o botón de PAGAR CON TARJETA
Se o pago quere realizarse presencialmente nas dependencias da Tesourería do Concello de Marín, deberá ser en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 11 de xuño, para o que debe solicitar cita previa na sede electrónica do Concello de Marín ou chamando ao número de teléfono 986 88 03 00.