O Concello acaba de adxudicar a obra para a creación dun muro de sostemento no lugar da Gorita, en Loira, ao bordo dun camiño que é a única vía de comunicación posible para tres vivendas que se atopan alí.
Esta obra será realizada pola empresa Viñas Blancas por un importa de 37.060,96 euros máis IVE, e resolverá as importantes deficiencias que presenta esta infraestrutura viaria: inestabilidade que supón un desmoronamento e, consecuentemente, unha progresiva desaparición do firme.
O Concello considera esta intervención necesaria para resolver esta situación, creando un muro que terá unha altura de algo máis de 2 metros. Con este proxecto o Goberno local continúa no seu labor de mellorar e ofrecer bos servizos de carácter público á veciñanza, tanto do casco urbano como no rural.