O Concello adxudica as luces de Nadal á empresa Tecmodeco
O Concello abre a licitación para instalar as luces de Nadal, nas que investirá máis de 100.000 euros

O Concello adxudica as luces de Nadal á empresa Tecmodeco

En total, investiranse 107.690 euros e a instalación iniciarase ao longo dos meses de outubro e novembro.

Marín, 26 setembro 2025

O Concello de Marín ven de adxudicar o alumeado de Nadal á empresa Tecmodeco, a oferta máis vantaxosa das presentadas, cun orzamento de adxudicación de 107.690 euros.

Esta iluminación, que é parte da alma da cidade durante a época do Nadal, xunto coas carpas, as estacións de decoración ou o tren, será colocada ao longo dos meses de outubro e novembro, para chegar a tempo á data do acendido, “que revelaremos moi pronto”, aseguraron fontes municipais.

A empresa cumpre nos seus elementos decorativos co criterio de sostibilidade que se esixía, contando polo menos cun 80% de bombiñas LED. O deseño da iluminación estará acorde co municipio e cubrirá o maior número de rúas, prazas e zonas dispoñibles.

Anterior A Milla de San Miguel: a cita<br>imperdible para os amantes do atletismo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados