O Concello continúa traballando na divulgación do seu patrimonio cun proxecto de sinalización das fontes

O Concello continúa traballando na divulgación do seu patrimonio cun proxecto de sinalización das fontes

13 xaneiro 2021

A divulgación e unha correcta sinalización do noso patrimonio cultural é unha das tarefas nas que se atopa inmerso o Goberno local, que adicará algo máis de 13.500 euros a sinalizar e localizar correctamente as fontes que forman parte do catalogo patrimonial do municipio.

Esta inversión realizarase con cargo a unha subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra e ten por obxecto mellorar a accesibilidade a estes bens materiais que forman parte da historia de Marín, así como foron tamén os lavadoiros.

No caso destes últimos, tamén se levou a cabo recentemente un importante labor de mellora da difusión e de sinalización, coa renovación de todas as sinais indicativas e coa creación dunha web específica (https://www.lavadoirosdemarin.com/), a través da cal poden coñecerse os máis de 50 lavadoiros que salpican a paisaxe da nosa vila.

Ademais, neste caso levouse a cabo un intenso traballo de documentación fotográfica e de datos, que en moitos casos axuda a comprobar algunhas das melloras das que foron obxecto algúns dos lavadoiros, como por exemplo o de Río de Casás, ao que se lle renovou a cuberta e se lle adecentou a contorna.

 

Anterior Ramallo e Novas visitan as obras xa finalizadas de mellora no lugar da Gorita

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados