O Concello de Marín continúa co tratamento das palmeiras para evitar a súa afectación por picudo

O Concello de Marín continúa co tratamento das palmeiras para evitar a súa afectación por picudo

A praga do picudo continúa activa na nosa comunidade autónoma e por iso o traballo de seguemento, tratamento e vixiancia dos exemplares de palmeira no municipio é vital para evitar a perda de exemplares.

Así o entende a concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, que informou esta mañá de que as palmeiroas do Paseo de Portocelo están sendo obxecto destes tratamentos “para continuar coa súa protección frente a este animal”.

Segundo explican desde Arbogal, empresa adicada a esta labor no Concello, o tratamento máis efectivo para a loita contra o picudo é a endoterapia, que consiste na irrigación do producto fitoterápico homologado na árbore, quedando 12 meses protexida.

A maiores e para mellorar a prevención, realízanse dúas “duchas” ao ano con este producto, que reforza a súa acción nos exemplares de palmeira. Tal e como indican pos técnicos, o éxitro deste producto tamén radica na súa nula toxicidade para terceiros.

Estes tratamentos lévanse aplicando nas palmeiras de Marín (tanto nas de Portocelo como nas do Parque Eguren e a Alameda) algo máis de tres anos, conseguindo así preservar moitas das palmeiras que embelecen o espazo público municipal.

Anterior O Concello habilita un novo aparcadoiro disuasorio nas inmediacións do CEIP Carballal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados