O Concello intensifica a limpeza de espazos públicos coa vista posta no domingo

O Concello intensifica a limpeza de espazos públicos coa vista posta no domingo

O Concello de Marín leva realizando intensos labores de limpeza desde o inicio da crise sanitaria, especialmente nos espazos máis concurridos, co obxectivo de cumprir con todas as recomendacións sanitarias de prevención de contaxios.

Para executar estes traballos, as brigadas de limpeza municipais veñen organizando o seu traballo facendo quendas e repartindo aos efectivos en diversas zonas.

Así a todo e coa vista posta no domingo, cando os nenos de menos de 14 anos poderán saír a dar pequenos paseos acompañados de seus pais, planificouse unha intensificación dos traballos de limpeza, tanto no casco urbano como no rural, facendo así un zafarrancho en todos aqueles lugares que previsiblemente estarán máis transitados.

Servicios Cantodarea e Servisub son as dúas empresas que se están a encargar desta profunda limpeza, coa que manter os espazos públicos o máis limpos e desinfectados posibles.

Coa nova medida de desescalada que se toma de cara ao domingo, o Concello apela á colaboración cidadá para que se cumpran todo o resto de medidas preventivas de carácter individual. Ademais, lémbrase que os parques infantís permanecerán aínda clausurados dado que non está permitido utilizalos.

Anterior A alcaldesa informa aos portavoces da Corporación da situación actual nas áreas afectadas pola Covid19

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados