O Concello renovará toda o alumeado público da rúa República Arxentina

O Concello renovará toda o alumeado público da rúa República Arxentina

A rúa República Arxentina contará con novo alumeado proximamente. O proxecto consiste na renovación integral do cadro de alumeado e na retirada de todos os báculos metálicos existentes na vía principal, que serán substituídos por pezas renovadas. As luminarias que levarán serán de tipo LED de alta eficiencia.

O obxectivo desta actuación é a de seguir traballando na substitución das vellas luminarias por novos sistemas que cumpran cos estándares de aforro enerxético e económico e que comporten melloras medioambientais. Asimesmo, mellorarase toda a estética da instalación eléctrica.

O prazo de execución da obra será de 45 días e será executada por SETGA, cun presuposto global de 38.860,55 euros, co IVE incluído. O Concello contará cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental, depende da Xunta de Galicia, para asumir o custe da obra.

Anterior A XXI Festa da Mazá e da Sidra de Santomé celebrarase o próximo fin de semana

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados