O Concello repartirá as botelliñas da campaña dos ouriños dos cans o xoves e o venres

O Concello repartirá as botelliñas da campaña dos ouriños dos cans o xoves e o venres

6 abril 2021

O Concello de Marín iniciará este xoves o reparto das botelliñas para os donos de cans co lema “Limpa o pisete nun periquete”, unha campaña coa que se busca facer un traballo de concienciación para que os donos dos cans entendan a necesidade de limpar os ouriños das súas mascotas para evitar estragos no mobiliario público.

O reparto realizarase en base ao censo de cans, polo que será preciso levar o DNI co nome do propietario do can. As botelliñas poderán recollerse o xoves e o venres na Oficina de Turismo da Praza de España de 12.00 a 15.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Despois, no caso de que alguén non poida eses días ou cense ao seu can nos días próximos, poderán recollerse no Museo Torres no horario habitual.

As concelleiras Itziar Álvarez e Marián Sanmartín presentaron esta mañá o modelo de botellas e adiantaron que esta campaña xa está a ter un éxito previo desde o seu lanzamento, dado que os cans censados subiron nos últimos días.

Anterior Servizos Sociais informa de que xa se pode solicitar a adhesión ao programa Xantar na Casa

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados