O Concello revalida o seu apoio á AECC de Marín
O Concello revalida o seu apoio á AECC de Marín

O Concello revalida o seu apoio á AECC de Marín

Marín, 17 novembro 2025

A alcaldesa, María Ramallo, e a presidenta da AECC de Marín, Emilia Rey, asinaron o convenio que regula a subvención nominativa de 4.000 euros que se lles outorga como axuda municipal para sufragar custes propios da súa actividade.

Este apoio é “ o mínimo que podemos facer por unha entidade que é moito máis ca una asociación, senón tamén un espazo desde o que reivindicar, no que visibilizar, no que sentirse apoiados e que serve como refuxio para quen está pasando por esta enfermidade”, declarou a alcaldesa, María Ramallo.

Esta aportación anual súmase á colaboración económica que se achega a un dos eventos de maior recadación para a asociación, a andaina solidaria Montes e Praias, que se celebra no mes de marzo e que cada ano consolídase como unha cita solidaria ineludible.

Anterior Adxudicada a COVSA a segunda fase da mellora da estrada de acceso a Pastoriza

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados