O Concello traballa na mellora dos desperfectos do Auditorio da Finca de Briz

O Concello traballa na mellora dos desperfectos do Auditorio da Finca de Briz

As concelleiras Marián Sanmartín, Cristina Acuña e o concelleiro Manuel Santos visitaron o Auditorio da Finca de Briz xunto cos técnicos municipais para avaliar os desperfectos que ten o espazo e así poder concretar que medidas é necesario levar a cabo para solventalos.

Unha das cuestións que se abordou foi a mellora do chan do escenario, que no seu día estaba cuberto por unha madeira que co paso do tempo acabou estragada e supoñendo un perigo para a seguridade, debido ás posibilidades de tropezo que existían.

Por outra banda, estanse a estudar as mellores opcións para o arranxo das pezas desprendidas dalgúns puntos da pizarra da grada e da cuberta do escenario, así como o acceso ao propio Auditorio.

Anterior Marín aspira a conseguir tres distintivos de calidade Q para as súas contornas máis singulares

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados