O Consello Municipal da Muller deseña a programación para o próximo 25N

O Consello Municipal da Muller deseña a programación para o próximo 25N

A sala de xuntas do Concello acolleu esta mañá a reunión do Consello Municipal da Muller, presidido pola concelleira Marián Sanmartín e no que participaron representantes das diversas asociacións de mulleres da vila e partidos políticos.
O encontro abordou as cuestións máis urxentes en temas de Igualdade no Concello e relativas fundamentalmente á celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que será o próximo 25 de novembro.
Con respecto a este día, o Consello aprobou todas as medidas propostas pola Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero e se realizaron novas achegas á declaración institucional que será leída durante os actos, que comezarán o propio día 25 de Novembro ás 13.00 horas no salón de Plenos do Concello de Marín.
Dentro da programación, o Concello impulsará unha serie de actividades moitas delas centradas no alumnado dos centros escolares. Por unha banda, os cursos de Infantil e Primaria recibirán a visita da Caravana Morada, un punto de sensibilización e de atención e protección ás mulleres. Para os cursos de secundaria, organizarase un tema de graffitis, coa intención de traballar a perspectiva de xénero a través da expresión artística.
Ademais do acto institucional que se celebrará o 25N pola mañá, o salón de actos do IES llla de Tambo acollerá las 20.00 horas unha actuación teatral. Asemade, o xoves 21, a partir das 11.00 horas, repartiranse no Mercadillo de Marín uns pins co lazo violeta, símbolo inequívoco da loita contra a violencia machista.
Os membros do Consello tamén valoraron diversas candidaturas para os Premios Lazo Violeta, que se darán a coñecer un pouco máis preto do propio 25N.
Máis caravanas moradas
O Consello quixo remarcar o éxito que tivo a Caravana Morada e mostrou o interese de volver a contar con este servizo noutras datas festivas da vila. De momento, instalarase tamén en Fin de Ano e no San Xoán.
Por outra banda, para o novo curso prepararanse novas campañas de prevención e sensibilización centradas na sexoloxía e nas enfermidades e infeccións de transmisión sexual.

Anterior O Lago de Castiñeiras, máis cerca de converterse en ENIL

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados