Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Manuel Torres acolle unha exposición dos 60 anos de historia de Manos Unidas

O Museo Manuel Torres inaugurou onte mércores día 4 de decembro, ás 12.00 horas a exposición de Manos Unidas “A muller do século XXI”, unha mostra de dezaseis paneis nos que se fai un percorrido polo traballo en favor do cumplimento dos dereitos humanos que estas organización leva facendo desde hai 60 anos, especialmente no que respecta ás mulleres.
Con motivo de celebrar a súa sexta década en funcionamento, Manos Unidas pon de manifesto nesta exposición todas as iniciativas que impulsa para “rematar con todas as fames do mundo”, explican. Desta maneira, levan a cabo programas, plans e proxectos de desenvolvemento integral, co obxectivo de poñer fin a unha lacra que afecta a centos de millóns de persoas no mundo.
As mulleres son as protagonistas das imaxes dos paneis que se poderán ver no museo, como mostra da defensa da igualdade e da dignidade que Manos Unidas pretende “para todas as persoas”. Así, os paneis céntranse en diversos bloques polos que leva loitando a asociación desde hai 60 anos, como son a promoción da formación académica, a protección da natureza, o apoio aos migrantes e ás comunidades indíxenas, a loita polo dereito á saúde ou pola erradicación da pobreza e as súas causas.
A exposición poderá visitarse no horario habitual do Museo Manuel Torres durante todo o mes de decembro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies