O Museo Torres contará cunha sala de arqueoloxía

O Museo Torres contará cunha sala de arqueoloxía

Conservar o noso patrimonio e coñecer a nosa historia é esencial para a cultura dunha vila. Por iso, desde o Concello impulsarán a creación dunha sala expositiva no Museo Manuel Torres adicada á arqueoloxía, tendo como base as máis de 500 pezas coas que conta no seu inventario o Museo.

Así o informaron as concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez, que mantiveron nestes días unha reunión co arqueólogo Juan Castro, quen se encargou de realizar o inventario para o Museo Torres e que agora será o encargado de coordinar as exposicións que se programen nesta nova sala, que busca ser “un espazo no que dar a coñecer toda a riqueza arqueolóxica que temos no noso Concello”, explican as edís.

De feito, ese medio milleiro de pezas que se atesoran no Museo Torres poderán ir véndose pouco a pouco, con información e cartelería de cada unha delas para que a poboación marinense coñeza o seu contexto histórico e o uso que se lle daba naquel entón a eses restos. De feito, polo tipo de pezas que temos no inventario, “é posible crear exposicións que vaian explicando distintas etapas histórcas”, explicou Castro.

A gran maioría destes restos foron atopados dentro do noso termo municipal por veciños ou no transcurso de obras públicas. Tamén hai procedentes das distintas

excavacións que se levaron a cabo no Castro da Subidá, o noso patrimonio arqueolóxico máis importante.

Para a posta en funcionamento desta sala, o Concello acadou unha subvención de cerca de 12.000 euros da Consellería de Cultura e espérase que estea lista entre finais de marzo e principios de abril.

Anterior Un ano daquela dor

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados