O sorteo de tarxetas regalo do Concello acadou un impacto na economía local superior a 175.000 euros

O sorteo de tarxetas regalo do Concello acadou un impacto na economía local superior a 175.000 euros

20 xaneiro 2022

A campaña de sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros, que entre o día de onte e o de hoxe están a ser repartidas entre os afortunados que acadaron unha, “foi todo un éxito nesta segunda edición, xa que conseguimos xerar o dobre de impacto económico na economía local da nosa vila”, explican fontes municipais.

De xeito concreto, depositáronse 3.320 tickets no Buzón da Oficina de Turismo, que xeraron un importe global de 175.102,81 euros. “Isto é un síntoma moi positivo de que os marinenses seguen apostando pola nosa economía para facer as súas compras e para consumir e que fixeron este compromiso cos nosos negocios durante o Nadal, unha época na que se fan moitas máis compras ca no resto do ano”, indica o Goberno local.

O bo balance desta iniciativa anima ao Concello á posibilidade de seguir facendo campañas que incentiven o consumo directo nos nosos locais e comercios.

Agora, as persoas afortunadas que conseguiran unha tarxeta de 50 euros terán até finais de marzo para canxeala única e exclusivamente en negocios e locais da nosa vila.

Anterior O cribado do Museo Torres realizou até o momento 1331 tests, detectando 89 positivos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados