Marín 360

PLAN DE ACTUACIÓN INTEGRADO (PAI) DE DESENVOLVEMENTO LOCAL AXENDA URBANA DE MARÍN

Convocatoria FEDER Desenvolvemento Urbano Sostible
(Resolución de 23 de decembro de 2024)

Cinco bloques estratégicos

bloque-01

Rexeneración urbana

bloque-02

Rexeneración Territorio e medio ambiente

bloque-03

Mobilidade sostible

bloque-04

Turismo, economía e innovación dixital

bloque-05

Cohesión social

Obxectivos da edil

ENFOQUE INTEGRAL

Para Transformar os barrios de San Pedro, A Cañota, Virxe do Carme e Banda do Río Lameira-Casco Vello (ARI) en zonas máis amables e sostibles, plenamente integradas no tecido urbano e social da cidade.

Marín 360 mapas

Proxecto 1. Banda do Río-Casco Vello. Corredor Comercial.

2.400.000€
  • Crear un corredor comercial que enlace a Praza de España coa Finca de Briz e facilite o acceso ao paseo do rio Lameira
  • Ampliación do espazo peonil e da estructura urbana da rúa
  • Dotación de máis arborado para a mellora da calidade do aire
  • Rexeneración do tramo do Lameira que discorre descuberto
  • Rehabilitación enerxética do edificio, coa mellora da envolvente, da cuberta, instalación de doble acceso e renovación dos paneis solares
  • Mellora da estética e renovación de acabados no interior, para a mellora da acústica e da xestión de cheiros
  • Renovación paramentos interiores, do pavimentos e das reixas de evacuación de aguas

Proxecto 2. Virxe do Carme. Conector ecolóxico e sostible.

2.983.500€
  • Creación dunha zona de transición verde entre o barrio e a senda
    do río, cun parque lineal de sendeiros accesibles de pavimento
    permeable, mobiliario urbano e zonas de descanso
  • Humanización das vías que conectan o entorno fluvial coa zona central da barriada. Concretamente:
    • R/ Mestre Landín
    • R/ do Souto
    • R/ Busto de Abaixo
    • R/ Calzada
  • Mellora total da eficiencia, conseguindo a calificación enerxética
    global C e un aforro estimado do consumo dun 48%
Proxecto 2. Virxe do Carme. Conector ecolóxico e sostible.

Proxecto 3. San Pedro. Rexeneración urbana.

6.250.000€
  • Aumento da superficie peonil, ampliando beirarrúas ou vías peonís de plataforma única
  • Reordenación do tráfico e do estacionamento, que podrán incluir zonas específicas para residentes e zonas azuis gratuítas (sistema 2H) para garantir a rotación
  • Inclusión de espazos de sombra e pavimentos permeables
  • Recuperación de espazos públicos degradados para aumentar os lugares de estancia e encontro veciñal
  • Mellora da accesibilidade xeral do barrio
  • Estadio Municipal de San Pedro: construcción de novas gradas, mellora da calidade e estética do cerramento do recinto e optimización da eficiencia enerxética
  • Pavillón da Raña: mellora da eficiencia enerxética, para reducir o gasto nun 30% e cambiar de letra de certificación
  • Creación dunha zona de velocidade reducida, con ampliación da superficie peonil
  • Mellora da mobilidade sostible e a accesibilidade
  • Disposición de zonas de estancia e puntos de encontro
  • Máis arborado e espazos de vexetación para garantir sombra
  • Renovación dos servizos de abastecemento e saneamento
  • Instalación dun sistema de autoconsumo colectivo de módulos fotovoltaicos nas cubertas dos principais equipamentos públicos
  • Sistema de proporción de todo o excedente de enerxía eléctrica renovable producida ás familias máis vulnerables do barrio
  • Proceso de dinamización social e participación cidadá para formar e informar á veciñanza sobre medidas de aforro e eficiencia enerxética
Proxecto 3. San Pedro. Rexeneración urbana.

Proxecto 4. A Cañota. Calidade urbana e integración.

2.910.000€
  • Ampliación da superficie verde e dos espazos de sombra da praciña central do barrio, dotándoa de elementos da cultura mariñeira local
  • Rehabilitación das rúas, mellorando a accesibilidade e dotándoas de medidas de calmado do tráfico
  • Mellora das “zonas de borde” que conectan a barriada cos seus extremos, creando zonas verdes de desfrute
  • Creación de obradoiros veciñais
  • Mellora a nivel enerxético, garantindo un aforro do 30%
  • Posibilidade de incorporar unha cuberta vexetal
  • Intervención das R/ da Cañota e Carballiño para:
    • Facelas máis seguras e accesibles
    • Favorecer a mobilidade sostible con zonas de velocidade reducida
    • Máis vexetación e arborado
    • Posibilidade de carril bici que conecte co da Avenida de Ourense
Proxecto 4. A Cañota. Calidade urbana e integración.

Proxecto 5. Smart Marín. Tecnoloxías aplicadas á xestión de infraestruturas municipais.

456.500€
  • Software que permita a administración integral das instalacións: reservas online, control de accesos e xestión de usuarios
  • Sistema de mantemento predictivo
  • Control intelixente da ilumnación e climatización segundo a ocupación e os horarios de reserva
  • Monitorización 24/7
  • Piloto inicial nos barrios de MARÍN360
  • Instalación de contadores intelixentes nos fogares que permitan a lectura remota en tempo real do consumo de auga, facilitando a detección de fugas e a optimización da rede
  • Aplicación móbil para a monitorización individual do uso da auga e recibir alertas sobre consumos excesivos
  • Xestión dos cadros eléctricos obtendo parámetros en tempo real para mellorar a eficiencia enerxética e a calidade do servizo
  • Mellorar a calidade da iluminación urbana
  • Optimizar as tarefas de mantemento
  • Xestión eficiente e participativa das incidencias, mellorando a comunicación cos cidadáns e o servixo público
  • Panel para a cidadanía
  • App para os operarios, que recibirán avisos das incidencias asignadas e un sistema de notificacións sobre o estado da avaría
Marín 360
Orzamento total Marín 360
15.000.000€
Axuda Feder
9.000.000€
Confinanciado por la UE
Gobierno de España
Axenda Urbana Marín